A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Elaborando queixo 3 agosto, 2013

Filed under: Podutos elaborados,Queixos — ameixoeiras @ 16:11
Tags: , , , , , , , ,

Xa van varias semanas coas cabras na finca, adaptándonos a elas e viceversa, aprendendo cada día dos seus gustos e costumes, e como é necesario, aprendendo e mellorando no ordeño.

Segundo e terceiro queixo que elaboramos.

Segundo e terceiro queixo que elaboramos.

Neste aspecto, das dúas cabras que chegaron con leite, solo segue dando unha delas, recollendo a razón de algo máis de 0.5l ó día; polo que temos entendido, esta podería ser unha boa noticia, ou non, xa que deixan de dar leite cando xa pasou bastante tempo desde o último parto (sempre que se ordeñen periodicamente), ou ben, cando preñan. Esperamos que este último sexa o motivo.

Tivemos pois, desde o primeiro día. unha cantidade de leite coa que tíñamos que facer algo se non queriamos que se perdese; así que decidimos optar por experimentar coa elaboración de queixos e os seus derivados. Cun curso práctico de elaboración de queixos artesanais e conservas, ó que acudiu vai tempo un de nós, e o material necesario, puxémonos mans a obra.

O primeiro a ter en conta son as caraterísticas e cualidades propias da leite da que dispoñemos; leite crua, de cabra neste caso, que provén diretamente do animal e sen tratamento de ningún tipo, polo que mantén tódolos seus nutrintes. Non se debe consumir directamente salvo ter plena seguridade de que o animal está 100% sano, e debe consumirse nos seguintes 3 días.

Para asegurar o consumo desta leite, igual que calquera leite que se comercialice, débese someter a unha serie de tratamentos. Estes degradan as cualidades naturais, e polo tanto, os seus beneficios, e ampliando o tempo de caducidade:

  • Leite Pasteurizada: É o tratamento mínimo obrigatorio para poder comercializala. Trátase de sometela a unhas temperaturas de entre 72 e 78ºC durante uns 15 segundos, e a continuación enfriase para a súa conservación, ata un máximo de 10 dias. Este proceso destrúe os patóxenos que poida conter, sen modificar en exceso as súas características naturais e nutritivas.
  • Leite UHT ou Uperizada: Sométese a unhas temperaturas de entre 140 a 150º C durante uns 5 segundos, o cal esteriliza casi totalmente o leite, pero tamén, elimina e destrúe as súas características naturais de sabor, cheiro, color, textura. Pasa a ter un tempo de consumo de varios meses.
  • Leite esterilizada: O leite é sometido a temperaturas de 110 a 115ºC durante uns 20 a 30 minutos, destruíndo por completo tódalas súas propiedades, e quedando, como ben di o nome «estéril». Consérvase por esta mesma razón durante uns 6 meses.

    Queixo curado de cabra.

    Queixo curado de cabra.

Por esta razón, os queixos que realizamos son a partir de leite crua para facer un queixo curado (que precisará dun mínimo de 50 a 60 días de maduración antes de podelo consumir con seguridade, xa que son uns 40 días o que as bacterias perigosas que puidese conter o leite cru, e desaparecen pasado este tempo), ou de leite pasteurizada para quiexos frescos, semicurados, iogures, etc… (que por sometelo leite previamente ó tratamento térmico que elimina as posibles bacterias nocivas, á vez tamén destrue os fermentos naturais do mesmo, polo que se engaden posteriormente, o que o seu consumo é seguro desde o momento en que se elabora).

Queixo fresco de cabra.

Queixo fresco de cabra.

Levamos feitos ata o momento 3 queixos de aproximadamente medio Kg. cada un, dous curados (mentres buscamos o material para a elaboración) e recentemente, o primeiro fresco.

Intentamos aprender dos erros do primeiro, que dista moito de parecerse a estes últimos… xa subiremos algunha foto!

 

As primeiras experiencias coas cabras 21 julio, 2013

Filed under: Animais,Cabras — ameixoeiras @ 11:17
Tags: , , ,
Desbroce natural.

Desbroce natural.

O primeira vez que ordeñamos.

A primeira vez que ordeñamos.

Menos dunha semana levan na finca, e ainda que  non están no seu enclave definitivo, vanse adaptando o lugar e acostumbrando a nós pouco a pouco.

Elas son moi mansas, todavía desconfiadas; non se pode decir o mesmo do castrón, co que hai que ter máis coidado á hora de acercarse e tratar.

O papel para o que foron adoptadas resólvenno as mil maravillas, limpando día tras día todo o que as rodea, facilitándonos o traballo e minimizando o gasto de tempo e desbrozadoras; actualmente intentamos telas cerca das antiguas viñas, invadidas principalmente por silvas, inda que as trasladamos a outras zonas diariamente para que a alimentación sexa algo máis variada, aproveitando por si mesmas herba verde ou seca, malezas varias, canas, mazás caidas, etc… non dan tregua!

Por primeira vez procedemos a ordeñalas durante estes días, cousa que nos pareceu máis complicado do que realmente é; con tranquilidade e tempo sácase unha leite moi sabrosa, e a práctica dará todo o demáis!

Leite cruda de cabra.

Leite cruda de cabra.

 

Os primeiros inquilinos 19 julio, 2013

Filed under: Animais,Cabras — ameixoeiras @ 07:12
Tags: , , ,

Un dos problemas máis grandes co que nos atopamos é e será o mantemento da finca, pois a maleza nunca da descanso. Buscando solucións que nos faciliten o traballo e á vez nos alegren o dia a dia, solo puidemos optar por pensar en incorporar animais, principalmente de pastoreo como poden ser as ocas, as ovellas, cabras, etc…

O cercado improvisado.

O cercado improvisado.

A matriarca.

A matriarca.

Desbrozando.

Desbrozando.

O castrón.

O castrón.

Vai pouco máis dunha semana que comezamos a buscar, intentando atopar xente que colaborase e nos facilitase a incorporación dos mesmos á finca en forma de cesión ou intercambio, xa que o desenbolso económico nestes momentos faisenos complicado… e xa se sabe que falando se entende a xente.

Así é todo, que preguntando e preguntando aparece unha persoa que ten un pequeno rebaño, neste caso de cabras, non mui lexos; e o día seguinte, casi sen esperalo e colléndonos por sorpresa, estamos levándoas para a finca.

Son 3 femias e o castrón, que a súa guerra deu polo camiño ata chegar á finca. Montamos un pequeno cercado co que tiñamos a man para telas lexos da horta e nos próximos dias teremos que montar unha cerca en condicións para elas.