A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

3a Semana De Xullo 16 julio, 2013

Filed under: Horta,Seguimento Semanal — ameixoeiras @ 15:56
Tags:

Seguimos recollendo durante esta semana: leitugas, pepinos, rabanitos e acelgas… e xa queda menos para ampliar a variedade, con flores e frutos xa en camiño.

Pepinos.

Pepinos.

Calabacín.

Calabacín.

Pemento Lamuio, Padrón e Italiano.

Pemento Lamuio, Padrón e Italiano.

 

Tomate Pera e de ensalada.

Tomate Pera e de ensalada.

Berenxena.

Berenxena.

 

Remolacha.

Remolacha.

Xudía de 3 variedades.

Xudía de 3 variedades.

 

 

 

 

Recuperando o depósito 13 julio, 2013

Filed under: Obras — ameixoeiras @ 12:45
Tags: , , , ,

Puxémonos estes días mans á obra coa limpeza do depósito de auga do que dispoñemos. Ésta ven dun manantial cercano, directamente desde o monte á finca, e que foi no seu momento o que daba servicio e abastecemento ó lugar.

Pozos e pilón.

Pozos e pilón.

Cando a roupa todavía se lavaba a man.

Cando a roupa todavía se lavaba a man.

Cando chegamos, como todo o demáis, o depósito era un feixe de broza e estaba totalmente inutilizado: os reghos e tubos obturados, o interior cheo de maleza igual que todo o contorno, tuberias rotas, e o máis importante, non chegaba auga xa… o primeiro foi limpalo ó redor, limpalo interior, cambiar algunha tuberia e buscar, xa fora da finca, o susodito manantial.

Listo para ir enchendo.

Listo para ir enchendo.

Esta última parte inda non a demos resolto, xa que a xente maior da zona ten idea de máis ou menos dónde se atopaba, pero co paso dos anos a maleza fixono desaparecer, polo que atopalo nos dous intentos que fixemos foi ata o momento imposible.

Optamos finalmente por meter auga a presión cunha mangueira polo tubo que traería a auga do manantial, e ver si cun pouco de sorte a cousa funcionaba… e si, para a nosa sorpresa, a presión desatasca o manantial, inda que solo parcialmente. Conseguimos ter auga durante un par de días, pero progresivamente o caudal vai disminuindo ata volverse obturar, pero, ¡menos da unha pedra!

Como solución momentánea, teremos auga do manantial sempre que lle metamos a mangueira cada dous ou tres dias, pero teremos que volver tentar atopala raiz do problema, o nacemento do manantial, e limpalo de forma definitiva.

 

2a semana de Xullo 8 julio, 2013

Filed under: Horta,Seguimento Semanal — ameixoeiras @ 07:55

Un mes escaso pasou desde que se plantou no invernadoiro por primeira vez, e ainda que moi pouco a pouco, as plantas van medrando, florecendo e madurando.

Teremos dispoñible ó longo desta semana:

Leituga vermella rizada.

Leituga vermella rizada.

Leituga.

Leituga.

Pepino.

Pepino.

Calabacín.

Calabacín.

Rabanitos.

Rabanitos.

 

Acelgas.

Acelgas.

 

Montando caixoneras 6 julio, 2013

Filed under: Obras — ameixoeiras @ 11:57
Tags: , , ,

O ideal para a horta é ter sempre cerca un lugar dónde realizalos alcobos e semilleros, de forma que a planta chegue o máis rápido posible ó seu lugar definitivo. Por este motivo, aproveitando unhas caixoneras de madeira que atopamos, propuxémonos montalas próximos o invernadero como zonas delimitadas para este i outros fins.

Limpando e allanando a zona.

Limpando e allanando a zona.

Dispostas no seu lugar.

Dispostas no seu lugar.

Allanouse o terreo, pensando xa en deixar un camiño para o paso dalgún vehículo entre as caixoneras e o invernadoiro, e dispuxéronse 10 de forma lonxitudinal, cos seus correspondentes pasillos.

Agora sólo falta buscarlles diferentes usos… tempo ó tempo.

Vistas desde fora.

Vistas desde fora.

 

Presentándonos … 4 julio, 2013

Filed under: Presentacións e Ideas — ameixoeiras @ 14:40

Comezamos esta pequena aventura en maio de 2013, fai escasamente 2 meses e medio. Somos 4 compañeiros que aunamos esforzo e traballo, ganas de aprender, avanzar e movernos; fartos da falta de oportunidades, da mala xestión e reparto, buscamos por nós mesmos a forma de sentirnos e ser útiles para nos e os que nos rodean.

Así, no seu momento, pedimos a cesión dunha finca histórica para a parroquia de Tirán. pertencente ó concello de Moaña (Pontevedra), coñecida como «O Igrexario» ou «A Reitoral» de Tirán, para a súa limpeza e aproveitamento. Ó chegar atopámonos cunha finca enorme, chea de posibilidades, pero tamén de moito traballo por realizar, principalmente en forma de desbroces en casi a súa totalidade; comentan os veciños da zona que polo menos a maior parte da finca leva un mínimo de 3 anos sen limpar, polo que a maleza nalgúns puntos era importante, con moitos frutais e antigas viñas, otrora traballadas, enterradas baixo ela.

Panorámica da "Reitoral" un par de semanas despois do primeiro desbroce.

Panorámica da «Reitoral» un par de semanas despois do primeiro desbroce.

Tralo desbroce máis amplo con tractor, imos sumando desbroces puntuales e manuales, según dispoñibilidade e necesidade, á vez que comezamos a limpar e preparar o pequeno invernadoiro co que conta a finca como tarea máis urxente, coa idea de poñelo en funcionamento o antes posible; neste caso, complimos co obxetivo, e a primeira semana de xuño dábamos comezo esta aventura.

Antes...

Antes…

Después...

Despois…

Aproveitamos os materiais que atopamos pola zona, de cando se traballara no seu momento, que temos nós mesmos na casa, ou que poidamos ir traendo… gastando sempre o mínimo posible. Desbrozamos e fresamos o interior do invernadoiro, espallamos esterco de cabalo (tras limpala corte dun amigo) e esperamos unha semana antes da plantación, mentres mollábamos dia tras dia para reactivala vida nun chan morto no seu momento, dispuxemos restos de malla antiherbas nos pasillos (retais que atopamos por aquí e por alá), e instalouse posteriormente un rego por goteo para aproveitar ó máximo o gasto de auga.

Tras a preparación, a montaxe e a sembra...

Tras a preparación, a montaxe e a sembra…

Dúas semanas máis tarde... a pleno rendemento.

Dúas semanas máis tarde… a pleno rendemento.

O sistema a utilizar é o de bancais divididos en grupos, por tipos de plantas según o órgano a desarrollar. coa idea de efectur rotacións entre eles.

Dispuxemos 6, os 3 máis largos de dereita a esquerda: Raiz (rabanitos, nabos, cenorias, remolachas e porros), Legumes (xudías de 3 variedades), Folla (coliflor); e os 3 seguintes, máis cortos, Fruto (pementos, tomates, calabacíns e pepinos), e asociados (cebolas, leitugas, escarolas, acelgas…).

Arado...

Arado…

Fresado...

Fresado…

Completado o primeiro obxectivo dábamos paso o segundo, unha segunda zona de horta, no exterior e paralelo o invernadoiro, e que irá en dúas fases: unha primeira que pretende estar lista a comezos do mes de xullo, e a segunda no mes de agosto.

Coa zona desbrozada, árase co tractor, límpase a man (que baixón!), frésase, planifícase, márcase e dáselle forma… e neste punto nos atopamos, á espera do riego e da súa instalación para a plantación.

Marcado e formado... por fin!

Marcado e formado… por fin!