A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Rematando a horta 26 septiembre, 2013

Filed under: Horta,Mantemento,Obras — ameixoeiras @ 06:14
Tags: , ,

Por problemas técnicos tuvemos un parón co blog, pero pola contra o traballo non cesou.

Rematamos de desbrozar casi a totalidade da finca, e de formar o que será por ahora a totalidade da horta no exterior. Agora solo queda comezar de volta coa plantación para este inverno.

Fresado e rastrillado.

Fresado e rastrillado.

Marcado dos bancales.

Marcado dos bancales.

Abonado segundo o fin productivo.

Abonado segundo o fin productivo.

Levantando os bancales.

Levantando os bancales.

Finalizada a montaxe do riego.

Finalizada a montaxe do riego.

 

 

 

Recuperando o depósito 13 julio, 2013

Filed under: Obras — ameixoeiras @ 12:45
Tags: , , , ,

Puxémonos estes días mans á obra coa limpeza do depósito de auga do que dispoñemos. Ésta ven dun manantial cercano, directamente desde o monte á finca, e que foi no seu momento o que daba servicio e abastecemento ó lugar.

Pozos e pilón.

Pozos e pilón.

Cando a roupa todavía se lavaba a man.

Cando a roupa todavía se lavaba a man.

Cando chegamos, como todo o demáis, o depósito era un feixe de broza e estaba totalmente inutilizado: os reghos e tubos obturados, o interior cheo de maleza igual que todo o contorno, tuberias rotas, e o máis importante, non chegaba auga xa… o primeiro foi limpalo ó redor, limpalo interior, cambiar algunha tuberia e buscar, xa fora da finca, o susodito manantial.

Listo para ir enchendo.

Listo para ir enchendo.

Esta última parte inda non a demos resolto, xa que a xente maior da zona ten idea de máis ou menos dónde se atopaba, pero co paso dos anos a maleza fixono desaparecer, polo que atopalo nos dous intentos que fixemos foi ata o momento imposible.

Optamos finalmente por meter auga a presión cunha mangueira polo tubo que traería a auga do manantial, e ver si cun pouco de sorte a cousa funcionaba… e si, para a nosa sorpresa, a presión desatasca o manantial, inda que solo parcialmente. Conseguimos ter auga durante un par de días, pero progresivamente o caudal vai disminuindo ata volverse obturar, pero, ¡menos da unha pedra!

Como solución momentánea, teremos auga do manantial sempre que lle metamos a mangueira cada dous ou tres dias, pero teremos que volver tentar atopala raiz do problema, o nacemento do manantial, e limpalo de forma definitiva.