A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Actualizándonos… 17 abril, 2014

Levamos tempo parados no blog, o que nos imposibilita mostrar o que se vai facendo e desfacendo no tempo, o cal non quere decir que a cousa non avance no traballo. Foron moitas cousas as que mudaron dun tempo a esta parte, así que intentaremos facer un breve resumen a continuación.

Primeiramente, formalizouse definitivamente e nas últimas semanas a creación e alta da sociedade como «A MeixoEira Sociedade Cooperativa Galega», o que nos permite decir que xa somos traballadores de pleno dereito, e nos posibilita e abre o camiño de cara a afrontar novos proxectos, algúns dos cales xa están en marcha. Poñamos como exemplo os primeiros contactos coa Asociación de Veciños de Tirán, de cara á recuperación da festa/romería, vai tempo perdida nesta parroquia, de San Xoán; ou a creación dunha páxina web, aínda en construción (http://ameixoeira.es), que esperemos conte cunha tenda on-line que nos permita manexar e administrar os pedidos con máis eficacia, á vez que facilita o contacto e a compra dos nosos clientes.

No relativo ó traballo, iremos por partes e resumindo un pouco o que se foi facendo ata o momento:

Comezando pola horta, e tras un inverno moi adverso, cheo de auga e temporais, comezamos a reorientala no mes de febreiro, e pouco a pouco. Decidimos utilizar coberturas plásticas para evitar a inversión excesiva de tempo nos traballos de mantemento, así como dotar a cada bancal dunha liña máis de rego por goteo para que este se localice mellor e sexa máis efectivo, con menor pérdida deste rescurso.

19 de febreiro... así se presentaba...

19 de febreiro… así se presentaba…

19 de febreiro... arado, rastrillado e a formar...

19 de febreiro… arado, rastrillado e a formar…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

17 de marzo... rematada a primeira, comezamos a segunda...

17 de marzo… rematada a primeira, comezamos a segunda…

18 de marzo... rastrillado e segunda reforma...

18 de marzo… rastrillado e segunda reforma…

26 de marzo... rematada a horta.

26 de marzo… rematada a horta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todo este proceso levou o seu tempo porque, segundo o día, a climatoloxía e outros factores, foise compaxinando con outras tantas actividades e traballos segundo aparecían. No caso do invernadoiro, éste foi máis sinxelo de reformar e acomodar o sistema de coberteras e de replantar sen parón durante este inverno; fixeronse sementeiras de cara a adiantar as plantacións e probamos algunhas plantas e variedades, e a súa resposta e manexo no interior.

12 de decembro... comézase a reforma.

12 de decembro… comézase a reforma.

19 de decembro... comezando sembras e plantacións.

19 de decembro… comezando sembras e plantacións.

19 de marzo... repolos abertos.

19 de marzo… repolos abertos.

19 de marzo... fabas.

19 de marzo… fabas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

19 de marzo... vista xeral.

19 de marzo… vista xeral.

19 de marzo... fabas.

19 de marzo… fabas.

19 de marzo... repolos abertos.

19 de marzo… repolos abertos.

26 de marzo... probando coas cenorias.

26 de marzo… probando coas cenorias.

26 de marzo... allos e cebolas.

26 de marzo… allos e cebolas.

17 de abril... vista xeral, parte dereita.

17 de abril… vista xeral, parte dereita.

17 de abril... vista xeral, parte esquerda.

17 de abril… vista xeral, parte esquerda.

Pepinillos.

Pepinillos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Espárragos.

Espárragos.

Tomates.

Tomates.

Semilleros: leituga, pemento, xudia...

Semilleros: leituga, pemento, xudia…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reformáronse as cuadras das cabras en todo este tempo, entablillandose o chan, de forma que éstas estuveran sempre illadas da humidade e estuveran máis cómodas; dispuxéronse comederos cerrados para que o aproveitamento da herba fora maior, e incorporáronse outros dispensadores individuais para alimentos sólidos; construíronse 3 parideiras individuais tamén, máis pequenas, de cara a poder telas estabuladas en caso de partos ou necesidade.

Tamén se instalou un galiñeiro na zona do frutedo, construido con palets, como non podia ser doutra forma, e delimitouse a zona con alambrada, de forma que as galiñas estuveran controladas. Comezamos con 9 galiñas a modo de proba, e temos neste momento outras tantas á espera de ser introducidas nos próximos días, máis unha ducia de pitos aínda medrando para incorporarse nun futuro próximo. Resta todavía facer un segundo galiñeiro na zona dos cítricos, co que se prevé comezar proximamente.

Aproveitamos tamén o pouco tempo bo que tuvemos durante o inverno para facer as podas de limpeza, formación e mantemento dos frutais, moitos deles moi tocados pola maleza que os cubriu no seu momento… non esperamos ter este ano moita fruta, pero si que recuperen a vida e a forza de cara ós vindeiros…

21 de febreiro... maceiras formadas.

21 de febreiro… maceiras formadas.

27 de febreiro... remáchase a cuadra.

27 de febreiro… remáchase a cuadra.

06 de marzo... constrúese o galiñeiro.

06 de marzo… constrúese o galiñeiro.

18 de marzo... podas no frutedo.

18 de marzo… podas no frutedo.

09 de abril... redultados nunha das pereiras.

09 de abril… redultados nunha das pereiras.

09 de abril... as 9 compañeiras.

09 de abril… as 9 compañeiras.

17 de abril... vista do cierre.

17 de abril… vista do cierre.

17 de abril... vista do frutedo.

17 de abril… vista do frutedo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No caso da incorporación de outros cultivos, como é o caso dos espárragos, a fresa, a framboesa ou as alcachofas, comezouse e rematouse  parte da implantación das dúas primeiras, á espera de facelo propio coa framboesa nos próximos dias e as alcachofas posteriormente.

Para os espárragos decidiuse probar a súa adaptabilidade a esta zona coa inversión en 200m2, por ser un cultivo pouco dado ou traballado nesta zona, e necesitar dous anos para o seu aproveitamento. Así, desbrozouse e desmontouse unha zona de viña xa perdida para este fin, arouse e fresouse, para limparse e allanarse antes de proceder á plantación das garras.

As fresas implantáronse nos cadrados anexos ó invernadoiro, previa limpeza e instalación de acolchado con plástico. Pretendemos implantar nesta zona tamén as framboesas.

21 de febreiro... desmóntase a viña.

21 de febreiro… desmóntase a viña.

09 de abril... árase e fresase a zona.

09 de abril… árase e fresase a zona.

12 de abril... aparecen os primeiros...

12 de abril… aparecen os primeiros…

12 de abril... espárrago verde.

12 de abril… espárrago verde.

17 de abril... preparados os cadros.

17 de abril… preparados os cadros.

17 de abril... vista xeral das fresas.

17 de abril… vista xeral das fresas.

17 de abril... comeza a floración.

17 de abril… comeza a floración.

 

Montando caixoneras 6 julio, 2013

Filed under: Obras — ameixoeiras @ 11:57
Tags: , , ,

O ideal para a horta é ter sempre cerca un lugar dónde realizalos alcobos e semilleros, de forma que a planta chegue o máis rápido posible ó seu lugar definitivo. Por este motivo, aproveitando unhas caixoneras de madeira que atopamos, propuxémonos montalas próximos o invernadero como zonas delimitadas para este i outros fins.

Limpando e allanando a zona.

Limpando e allanando a zona.

Dispostas no seu lugar.

Dispostas no seu lugar.

Allanouse o terreo, pensando xa en deixar un camiño para o paso dalgún vehículo entre as caixoneras e o invernadoiro, e dispuxéronse 10 de forma lonxitudinal, cos seus correspondentes pasillos.

Agora sólo falta buscarlles diferentes usos… tempo ó tempo.

Vistas desde fora.

Vistas desde fora.