Despois de un mes un tanto raro, este de agosto, no que o tempo nin os acontecementos foron bos compañeiros para o traballo, volvemonos a poñer en marcha con ganas renovadas de cara a afrontalo último mes do verán. Limpezas, desbroces, mantementos en xeral na horta, e a ampliación desta última é o que nos toca.
Tras deixar parado o traballo da ampliación un tempo, despois de arar no seu momento, o que faltaba era fresar. Aproveitamos que o tractor puido vir a desbrozar para darlle as pasadas pertinentes coa fresa ó rematar.
Ahora toca tirar de rastrillo e paciencia ata deixalo todo ben limpio e allanado antes de darlle forma nos próximos dias, e uso.
Por outra banda, os traballos de limpeza e desbroce da finca xa comezaban a apremiar; a herba e maleza xa comezaba a levantar máis do que debería. Unhas cuantas horas dan como resultado poder volver a vela finca con outros ollos.
A horta, fora, segue medrando sen descanso: outras 3 variedades de xudia, habichuelas negras (tipicas de Portugal), repolo, brécol, coles de bruxelas, porro, remolacha, pepino, tomate, berenxena, leituga…