A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Construíndo As Cuadras V 19 diciembre, 2013

Filed under: Animais,Cabras,Construcións,Obras,Presentacións e Ideas — ameixoeiras @ 07:21
Tags: , , ,
Portas rematadas.

Portas rematadas.

Detalle da principal: dúas follas.

Detalle da principal: dúas follas.

 

Rematadas por fin as portas, o principal está feito!

Puidemos comprobar o funcionamento ó longo desta semana pasada, i é un alivio poder abrir as cuadras e deixalas sair un rato a pasear, sin ter conta delas en todo momento por o que poidan facer… ou desfacer máis ben!

 

Construíndo as cuadras I 28 septiembre, 2013

Entramos de cheo no outono polo que se ve, amenazan chuvas de volta que xa se botaban de menos. Con varios traballos rematados, comezamos cun dos máis importantes e duros, como é a construción dunha cuadra, neste caso destinada ás cabras.

Dado que ata o momento as escasas chuvas que tuvemos duraban apenas unhas horas, e as temperaturas eran de verán, os animais puideron pasalas o raso, e máis que un castigo foron un respiro para eles. Éstas pola contra, fanse máis serias, coa baixada dos termómetros e con toda unha semana por diante, polo que decidimos subilas para casa e resguardalas uns días ata ter polo menos un lugar seco donde metelas.

20130927_153628

Vista xeral da obra.

Terminada a estrutura.

Terminada a estrutura.

Tras decidir cal sería o mellor lugar para ubicalas, que neste caso sería pegada ó muro baixo da finca polo resguardo dos ventos, atopamos o primeiro problema a resolver, a necesidade de apear un dos chopos cercanos que ten risco de caida a corto/medio plazo. Atópase inclinado sobre o muro exterior, e á vez, sobre o que será o lugar que ocuparán os animais, a maiores de ter unha pudrición importante desde a base ata máis da metade da súa altura, polo que decidimos non correr riscos futuros.

Proxectamos unha cuadra amplia, de 6×3 m. e de 2,5m. de alto, que fixemos con madeira reciclada (o que non lle vale ó mundo aproveitamolo nós)… solo queda resolver como tapar teito e paredes…