A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Antes de que chegue o inverno 21 diciembre, 2013

Filed under: Animais,Cabras — ameixoeiras @ 07:31
Minifalda, a sorpresa de primeira hora da mañán.

Minifalda, a sorpresa de primeira hora da mañán.

Mafalda e Minifalda.

Mafalda e Minifalda.

Isto foi o que nos atopamos onte a primeira hora da mañán, recien chegados ó traballo e sen esperalo para nada.

Somos novos nisto de ter cabras, non é algo fácil de levar, ainda que si divertido en muitos momentos; como todo, é algo do que imos aprendendo co tempo, coas experiencias que vivimos con elas, do que observamos e do que nos din ou contan por ahi… desde logo contábamos con ter algún día unha cabra parida coa súa cria, mais ésta era a última da que esperaríamos iso. E foi onte, último dia de outono, cando Mafalda decidiuse a regalarnos esta nova experiencia.

Silva.

Silva.

Mais non rematou o día ahí! Pois un compañeiro atopaba xa a medio dia de onte, pasando pola Ameixoada e no medio dunha silveira, á cadela que hoxe chamamos por ese motivo «Silva».

Esta pequena foi tirada alí por alguén que pretendía desfacerse dela. Non chegou alí por casualidade, alguén a tirou no interior para que non puidera sair, para non ter que ocuparse dela, pois hubo que facer sitio para conseguir chegar a ela e sacala… todos conocemos prácticas tan comúns por estos lares para desfacerse de camadas de cans ou gatos, como enterralos ou afogalos, sin embargo, é a primeira vez que vemos algo así para desfacerse dun animal.

Son estas pequenas cousas, as que esperas ou te sorprenden, as que nos dan cada día máis ganas de continuar con este proxecto, de tirar para adiante por nós mesmos, facendo algo propio e diferente! 😉

 

1 Responses to “Antes de que chegue o inverno”

  1. Susa Says:

    Jolines!!!, hasta me emociono y todo!!, que grandes sois….


Deja un comentario