A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

Construíndo as cuadras III 29 noviembre, 2013

Filed under: Cabras,Construcións,Obras,Presentacións e Ideas — ameixoeiras @ 07:07

Dúas semanas levamos xa centrados nas cabras e na súa parcela… tras a construción do cobertizo, que finalmente funciona ás mil maravillas, sen goteras nin problemas de estabilidade; centrámonos agora no que resta, a formación de divisións no interior que nos faciliten o traballo e nos permitan xogar coas situacións que se poidan dar, e os detalles pertinentes de remendos, comederos, etc…

Decidimos facer, unha vez máis reciclando palés, catro divisións no seu interior; unha para o macho, máis reforzado pola súa tendencia a trucar con todo; dúas pequenas no centro como posibles parideiras, dónde poder ter cabras separadas cos seus futuros cabritos; e unha máis amplia para o resto do rebaño.

Apuntalando as divisións.

Apuntalando as divisións.

Rematado: portas e comederos.

Rematado: portas e comederos.

A outra banda.

A outra banda.

 

Levantando o perímetro.

Levantando o perímetro.

 

Rematado o posteado.

Rematado o posteado.

 

Os comederos fixémolos no fondo, a todo o largo, aproveitando neste caso alambres de desmontar viñas vellas e caidas; feitos de forma que a comida lles quede elevada e coman directamente sen pisala, xa que son moi finas con esos detalles e tenden a estragala con moita facilidade.

 

Comezamos e rematamos tamén cos postes para o cierre, igual que co cable dos comederos, os postes veñen de aproveitar viñas vellas e caídas; sen duda o traballo máis duro que nos tocou ata o momento.

 

Resta solamente retirar o que queda do chopo apeado, colocar os contrafortes, alambrar e colocala porta… e entretanto, solo a nós se nos ocurre amplialo rebaño!!

 

1 Responses to “Construíndo as cuadras III”

  1. Susa Says:

    Estades feitos uns artistas!!, ánimo!!


Deja un comentario