A MeixoEira S. Coop. Galega

Experimentando co natural…

A primeira sidra 9 septiembre, 2013

Filed under: Bebidas,Podutos elaborados — ameixoeiras @ 17:28
Tags: , , , ,
Unha parte da colleitade mazán.

Unha parte da colleitade mazán.

Limpando 120Kgs. de mazán.

Limpando 120Kgs. de mazán.

Triturando a mazán (non sei que nome ten esta máquina).

Triturando a mazán (non sei que nome ten esta máquina).

Mazán triturada.

Mazán triturada.

Coas maceiras cargadas de fruto, decidimos experimentar cunha nova forma de aproveitamento que non fose a típica mazán o forno ou as empanadas.

Así, puxémonos un día para a colleita de toda aquela que xa estaba no chan, e aquela madura que puidera cair cun suave vareo, para xuntala toda dunha tirada e procesala para facer sidra; un produto que noutros tempos tuvo gran importancia na zona, igual que o viño, e unha boa forma de aproveitar un produto que de sempre se deu ben nestas zonas, e que foi perdendo importancia en favor deste.

O preceso é similar ó do viño. A mazán recóllese (canto máis madura mellor, máis zumo contén); límpanse as partes podres ou en mal estado e picanse en dúas ou tres partes; tritúrase cun pisón ou máquina

(nos usamos unha cuns rodillos, usada para o mismo fin coa uva); prénsase para extraelo zumo, i éste gárdase en bidón ou barril para que fermente, de un a cinco meses, antes de embotellar.

A prensa ou laghareta.

A prensa ou laghareta.

Segundo se prensa, vaise extraendo o zumo.

Segundo se prensa, vaise extraendo o zumo.

O resultado, listo para comenzar a fermentar no barril.

O resultado, listo para comenzar a fermentar no barril.

A nosa idea era experimentar con ela, recordando unha tradición que xa en poucos lugares se mantén… ahora a esperar que o tempo faga o resto!

 

Deja un comentario